viernes, 23 de marzo de 2018

EMPEZAR DENDE CERO...

Teño a miña alma rota
chea de dúbidas e dor,
empezar dende cero non é
doado se o penso co corazón.
Bágoas de miña nai
que escoito no silenzo da 
noite...
Meu pai cala...e sofrindo...
deixame que sexa feliz.
¿Qué podo facer?
¿Cómo explicar que non poido
seguir?
¿Cómo apagar tanta dor?
Un sinal do ceo agardo
para poder comenzar,
unha estrela que me guíe,
ou que a Lúa me cobixe
co seu brillante manto.
Algo...que me quite este
medo a errar.
Algo...alguén que...no seu
corazón me entenda.
Algo que creo que existe
pero non sei como nin onde
Alguén que quizás sin ser
camiño me ensine.
Ou...quen sabe...se eu mesma
debo ver o que non ten luz...
comprender viaxes que
non teñen paisaxe e...seguir
como eu quero ainda
que non queira.
Teño na miña alma tanta dor
que non sei se a dor
é toda a miña alma.



No hay comentarios:

Publicar un comentario