martes, 6 de marzo de 2018

AGASALLO

Abre a porta, fillo
que a noite xa fuxiu.
Sombras negras,
pantasmas brancas,
meigas escuras
e deuses pagáns.
Abre a porta, neno
que xa saíu o sol.
Abre a porta, fillo
deixa que entre a luz.
Sinte o cheiro do orballo,
mira a rosa vermella,
asubía unha canción.
Toma coas túas mans
o novo aire que amanece
e move a árbore en flor.
Hoxe é un novo día,
hoxe hai máis cor.
Ven, dame un bico
cheo de raios do sol...
agasallo elexido
pola nosa terra nai,
de xeito que non esqueza
os teus beizos na miña pel...
mentres estás ausente
lonxe do teu fogar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario