viernes, 17 de agosto de 2018

17-08-2013 (Escrito en Facebook)

Encántanme estas noites de Agosto, sobre todo na madrugada, cando todo está en silencio, cando vindo pola  autoestrada non hai casi ninguén....Podo disfrutar da lúa, das estrelas ou das nubes....da o mesmo; só estamos eu e os meus pensamentos....Despois dun tempo xa séi cales son as casas que terán as súas luces encendidas porque alguén se ergue para irse a traballar cando eu regreso...na panadería sempre están empezando a preparar as masas a esta hora e tamén hai outros que ainda van para a cama porque este é un mes de festas, de moitas festas.....Pero sinto moita paz...a verdade é que me encanta conducir de día ou de noite....se a esto añadimos cando o fago para ir a traballar o cambio en mín é total....
Quizás os meus pensamentos neses momentos non teñen nada de especial...quizás a miña vida non teña nada de especial...quizás me falten tantas cousas...quizás só sexa unha maneira de escapar, de sentirme útil, de esperar un cambio...de sentir que ten que chegar o momento no que todo se poña no seu lugar...
E non me sinto sóa...precisamente cando estou sóa de regreso a casa...teño a quen me espera todolos días nela...teño a persoas que sei que nalgún minuto do día ( o mellor antes de durmirse) pensan en min. Teño tanto que agradecer e tanto polo que seguir loitando, que o pouco  que poseo supon a riqueza máis grande...
Non necesito nada máis, non quero nada máis....a miña vida está completa en tantos aspectos!!!....círculos cerrados definitivamente...portas abertas por onde xa entraron novos aires sin facer ruido e sen notariedade...sin deixarse ver pero tan presentes....Estou xustamente no mellor momento da miña vida, coa xente que quero ter o meu lado sempre, con todo aquelo que tantas veces botei de menos....coa satisfacción de ver como as pezas encaixan e ese puzzle roto e sen rematar acabará formando un fermoso cuadro chamado VIDA.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario