miércoles, 17 de mayo de 2017

NOITE DE AGOSTO

E aquela noite de Agosto decideu cambiar o seu rumbo. Mirou o ceo estrelado e coa presencia dunha fermosa lúa chea. Pasou pola súa mente o recordo , casi nítido, das súas ilusións. Pensou que xa era hora de poñer as tildes no seu lugar e as comas e os puntos nas longas frases da súa vida.
Errante, aventureira, de carácter libre e decidido...dónde estaba agora? Guerreira, rebelde, protestona e, máis veces do que ela quixera, casi odiada pola súa forma de ser...non se recoñecía!!!
Sóo fixeron falta uns meses para que toda a súa fortaleza se desfixera nun maremoto de indecisión e de cobardía. O medo apropiouse de tal maneira do seu cerebro, que non era quen de saír dese círculo vicioso, e, cando o intentaba, daba voltas coma un can ferido regresando sempre ao punto de partida. Tiña momentos de lucidez, nos que a rabia traspasaba inútilmente a barreira da súa fraxilidade. Pero eran tan efímeros, que tal como viñan, desaparecían.
Deixouse ir, como folla levada polo vento, sabe deus donde. Chegou a un lugar sin retorno con dúas posibles saídas: unha, moi cómoda, quedarse plácidamente durmida, esperando que pasase a tormenta; outra, desafiante, seguir camiñando atá encontrarse de novo...volver a ser ela...
E a lúa, fermosa, chea, a miraba dende o máis alto do firmamento. Ti podes, lle dixo, co seu sorriso. Cómo a entendía a lúa!!!
Aquela noite de Agosto alcanzou, por fin, a coraxe de volver...
Mina (20-08-2016)

No hay comentarios:

Publicar un comentario