domingo, 20 de mayo de 2018

QUÉROTE



Unha caricia sentín
o día que os meus ollos
se abriron e me mostraron
o teu sorriso.
Os teus brazos me acolleron
e non me deixaron caer
ainda que tantas veces
me lastiméi. Sempre
vixiante, sempre pendente...
E aquí segues, coma se o tempo
non houbese pasado,
coma se eu fose esa nena
pequena e desvalida
que chegou nun día de primaveira.
Tantas cousas vividas,
tantas historias sentidas,
e ti...ao meu lado.
Quérote, miña nai querida...
Quérote...

1 comentario: