miércoles, 30 de mayo de 2018

ARCO DA VELLA (ARCO IRIS, en galego)

Ese raio de sol distante
que danzaba entre a tormenta,
parecendo inalcanzable, dubidaba
se aproximarse ou ficar
parado na doce espera
ata cunha fría pinga de choiva
se deixase atravesar
pola súa brillante 
espada de luz solar.
Tempo relaxado, él sabía
que o seu destino era brillar.
Paciencia, mentres que os raios,
tronos e chispas, xiraban,
deixando que a súa rabia
apareza, celosos desa estrela
que quere volver colorear
soños e fantasías...
un arco da vella de cores,
admirado por todos.
E o milagre sucedeu de novo.
Unha pinga de choiva, curiosa,
foi na súa procura e deixou
que ise fermoso brillo
pasara pola súa esencia...
estoupou nun arco
de sete brillantes cores
que inundou ese triste ceo
de beleza e plenitude.
Estou viva, dixo a luz...
Eu bailei na tempestade...
e a tormenta son eu...


No hay comentarios:

Publicar un comentario