martes, 11 de julio de 2017

MANUEL

Manuel miraba o seu reloxo. As doce da noite. Unha xornada rematada e outra por vir. Só un minuto separa un día doutro. Para moitos rutina, para él unha nova oportunidade de facer cousas e, sobre todo, de vivir. 
Recordo cada palabra dita na compaña dun café con xeo e dunha caña, unha cita pendente que sempre ficaba nun bico agarimoso.
Contoume unha pequena historia chea de grandes momentos. Os seus momentos.
Dende que foi célula dun túzaro espermatozoide que conseguiu fertilizar o óvulo predisposto da súa nai atá o día de hoxe. Toda unha aventura chea de mil posibilidades...entre elas ter a sorte de que lle tocase a él e non a outro. Unha vez alcanzado este obxectivo, fixouse outros tan complicados ou máis que o simple feito de nacer. Sobrevivir...
E así o fixo. Sobreviveu ao tifos, a tubérculoses, a miseria, a ignorancia, a todo aquelo que, en fin, significaba atraso e morte.
A súa vida foi sabedoría, cultura, traballo e, por suposto, tamén farra...moita farra. Ateo por creencia e cunha filosofía propia que o levou sempre a ser e parecer feliz.
A felicidade vén segundo a busques. A actitude ante a vida ten que ser positiva. E se algo transmite Manuel é, precisamente, optimismo.
Un día máis no que sobrevivir segue a ser a meta final. Día vivido, día agradecido. Rendirse non é un verbo no seu vocabulario. No meu, tampouco.
Porque se algo me deixou moi dentro é a determinación de non deixar que o medo sexa a pelaxe que cubra o meu corpo, máis ao contrario facer cos farrapos das penas vestimentas de cores vermellas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario